Escoito o que non dis

4

<<<

4

A vida, pensou ela,
vai facer o que queira con nosoutros.
Cada un na súa cama,
frases feitas.
"Non te quero mancar".
As cousas que dixeron
non evitaron nada.
Deitáronse, mancáronse,
regresaron ás frases do comezo.

>>>